Escoitar

O Concello estudará a proposta de Iberia Express de conectar Vigo con Londres-Heathrow

Nunha reunión celebrada este xoves na Alcaldía, a aeroliña plantexou ao alcalde de Vigo unir Peinador co principal aeroporto londinense, o que significaría, en verbas de Caballero, ter unha "gran conectividade asegurada" a través de Iberia e de British Airways. O alcalde, quen avanzou que estudará a proposta, tamén explicou que Iberia Express reforzará o próximo ano a ruta Vigo-Madrid con catro frecuencias semanais máis.

xoves, 16 xul 2015
1437053670iberia.JPG
O alcalde afirmou que "recibimos con agrado" a proposta de Iberia Express de conectar o aeroporto de Vigo co londinense de Heathrow, o que conlevaría ter unha "gran conectividade asegurada" co resto do mundo ben a través da propia Iberia, ben mediante British Airways. Caballero avanzou que estudará o planteamento, o seu interese e condicións, ao tempo que recordou que a conexión de Vigo con Luton, tamén na capital británica, está a funcionar moi ben, segundo os datos da aeroliña Air Nostrum.

Iberia Express, tal e como adiantou Abel Caballero, reforzará o próximo ano a conexión entre Vigo e Madrid -a ruta vai "francamente ben"- con catro frecuencias semanais máis. Ademais, recordou o rexedor que este 18 de xullo a aeroliña iniciará o voo Vigo-Tenerife.
Descargar todas as imaxes