Vigo exporá un dos dez microscopios "máis importantes da historia da microbioloxía no mundo"
O alcalde comprometéuse este mércores a buscar unha localización apta para expor ao público o microscopio de Antony van Leeuwenhoek -considerado o pai da microbioloxía e a parasitoloxía actual-, de 300 anos de antigüidade e propiedade do doutor Tomás Camacho, vigués posuidor dunha relevante colección de microscopios. Ata agora, oito destes instrumentos están en museos públicos e so un en mans privadas, vendido en poxa pública por case medio millón de dólares.