Escoitar

O Centro de Interpretación de Mirambel recreará este verán a vida cotiá dos romanos

Nos meses de xullo ou agosto o Centro de Interpretación de Mirambel recreará escenas cotiás do mundo romano, ampliando o programa desenvolvido o pasado ano neste mesmo espazo. Nesta ocasión, as representacións serán todos os xoves de xullo e os días 7, 20 e 27 de agosto, entre as 19,00 e as 21,00 horas.

venres, 10 xul 2015
1436543156roma.JPG
Todos aqueles que se acheguen ao Centro de Interpretación de Mirambel gozarán este verán dunha actividade cultural chamada Recreación do Mundo Romano. Os visitantes, ademais de ser recibidos no recinto por figurantes atavidados con ropaxe de época, realizarán o percorrido habitual observando escenas das distintas clases sociais romanas. Segundo explicou o rexedor, no exterior, á xa coñecida escenificación da "loita entre gladiadores", incluirase este ano como novidade a "cena do dominus" e o momento de ocio e descanso dos romanos "el baile".

Acompañado polos tenentes de alcalde Carmela Silva, David Regades, ademais do edil Carlos Font, Caballero engadiu, asimesmo, que os grupos de visita estarán acompañados polos arqueólogos especialistas na divulgación do centro.

Tal e como está previsto, esta actividade será todos os xoves de xullo e os días 7, 20 e 27 de agosto, entre as 19,00 e as 21,00 horas. O día 7 as representacións prolongánrase desde as 20,00 ás 02,00 horas, como unha das actividades da chamada Noite Branca. O xacemento tamén estará aberto nese horario nocturno.
Descargar todas as imaxes