O XIII Trofeo Cidade de Vigo de fútbol praia pecha esta fin de semana o programa Verán deportivo en Samil
O programa Verán Deportivo, en Samil, chega ao seu fin coa disputa do XIII Trofeo Cidade de Vigo de fútbol praia esta fin de semana nas instalacións de Vigoarena, o espazo acoutado no areal vigués para diversas modalidades deportivas de praia. O torneo está auspiciado pola Federación Galega de Fútbol e incluído no campionato autonómico desta disciplina.
Manel Fernández, concelleiro de Deportes, e Juan Carlos Andrés, en representación da firma organizadora, Evento Global, presentaron o derradeiro dos eventos que dende xuño coparon as fins de semana á altura da desembocadura do Lagares.
Dende o Concello dáse cada verán "gran apoio" ás actividades de praia, que moven "moitísimas modalidades", explicou o edil socialista. De feito, ata a data máis de 1.100 participantes competiron nos torneos de voley praia, tenis praia, futvoley e balonmán praia que se celebraron.
"O fútbol praia é un clásico do máximo nivel porque Vigo e Galicia son referentes", explicou Andrés. Ademais de dar Galicia internacionais con España, equipos de Vigo foron tamén campións estatais.
Para esta fin de semana serán trinta os equipos inscritos (xogadores maiores de 16 anos), que disputarán unha fase previa en formato liguilla para dar paso despois a eliminatorias a partido único. O campión do 2014 foi o TB Brokers.