Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 9 xul 2015

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 10 DE XULLO DE 2015.


1.- Actas das sesións ordinaria e extraordinaria e urxente do 26 de xuño de 2015.

ALCALDÍA
2.- Concesión de subvención á asociación "Solidariedade Galega co Pobo Saharaui", para axuda dos gastos de transporte e organización da estancia de 11 nenos saharauis.

ASESORÍA XURÍDICA
3.- Dar conta das seguintes sentenzas e autos:

a)Sentenza nº 187 do 27 de maio de 2015 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 52/2015 P.A. Demandante: D. GONZALO VILLAR CASTROMIL. Obxecto: Resolución do 19-11-2014-sanción de tráfico Expte.: 148625996. Estimado o recurso con custas taxadas de oficio.

b)Sentenza nº 259, do 1-12-2014 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 47/2014 P.O. Demandante: D. FRANCISCO LEIS PORTELA. Obxecto: Desestimación presunta da reposición (contra Resolución do 27-6-2013). Expte.: 3860/243. Desestimatoria. Comunicada na XGL do 16-1-2015.

2ª INSTANCIA
TSXG, Sala do C-A, Sección 1ª. Apelación nº 110/2015. Sentenza nº 329, do 27 de maio 2015. Desestimada a apelación, con custas taxadas de oficio. Expte. 8496/111

c)Sentenza nº 270 do 1-12-2014 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 93/2014 P.O. Demandante: MODERMUSIC T.V, S.L. Obxecto: Resolución do 28-1-2014. "Cancelación" concerto James Blunt. Expte.: 4030/243. Desestimatoria.Comunicada na XGL do 16-1-2015.

2ª INSTANCIA
TSXG, Sala do C-A, Sección 1ª. Apelación nº 146/2015. Sentenza nº 331 do 27 de maio de 2015. Desestimada a apelación, con custas taxadas. Expte. 8585/111

d)Sentenza do 2 de xuño 2015 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 110/2015 P.A. Demandante: VIROFER, C.B. Obxecto: Resolución do TE-A do Concello de Vigo: Reclamación Económico-Administrativa contra Providencia contrinximento (Inspección ICIO). Estimado o recurso. Exte 9068/111.

e)Sentenza nº 205 do 2 de xuño de 2015 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 123/15 P.A. Demandante: D. JOSÉ MANUEL NOVOA DOPAZO. Obxecto: Resolución do TE-A do Concello de Vigo: Reclamación económico-administrativa contra dilixencia de embargo. Expte. 9076/111. Desestimado o recurso.

f)Sentenza nº 206 do 2 xuño 2015 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 119/15 P.A. Demandante: Dª PRISCILA SANTOS REY. Obxecto: Resolución do TE-A do Concello de Vigo do 30-1-2015: Dilixencia de embargo (sanción de tráfico). Expte. 9069/111. Estimado o recurso.

g)Sentenza nº 208 do 2 de xuño 2015 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 112/15 P.A. Demandante: D. FRANCISCO JAVIER OTERO MOURIÑO. Obxecto: Resolución sancionadora. Sanción tráfico (n.i.c). Expte. 9070/111. Desestimado o recurso.

h)Sentenza nº 313 do 30-12-2014 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 299/14 P.A. Demandante: ARRAKIS, S.T. S.L.U. Obxecto: Desestimación presunta de recurso de anulación contra resolución do TE-A (Inadmisibilidade de reclamación económico-administrativa). Autoliquidación Taxas

2ª INSTANCIA
TSXG, Sala do C-A, Sección 4ª. Apelación nº 15030/2015. Sentenza nº 282 do maio de 2015. Estima a apelación. Expte. 8810/111.

i)Sentenza nº 256 do 23 xuño 2015 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 178/15 P.A. Demandante: Dª. PATRICIA PARENTE FERNÁNDEZ. Obxecto: Resolución do 5-7-2013 ( e 4-5-2015 en reposición). RPA, danos en automóbil. Expte. 9121/111. Desestimado o recurso.

j)Sentenza nº 252 do 23 xuño 2015 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 153/15 P.A. Demandante: D. JOSÉ A. TORRES FERNÁNDEZ. Obxecto: Resolución do 27-2-2014: RPA, caída moto na vía pública o 25-9-2013. Expte. 9120/111. Desestimado o recurso.

k)Sentenza nº 198, do 3 de xuño de 2015 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 132/2015 P.A. Demandante: D. MANUEL LÓPEZ RODRÍGUEZ. Obxecto: XGL 23-1-2015. Procedemento disciplinario. Expte. 9081/111. Inadmisibilidade do recurso por falla de lexitimación activa do denunciante.

l)Sentenza nº 218, do 10 de xuño de 2015 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 214/2014 P.O. Demandante: IC GÓMEZ ULLA, S.L. Obxecto: XGL 4 de xullo de 2014: Desestimación de solicitude de desafiuzamento administrativo locais comerciais en estacionamentos subterráneos das rúas Venezuela e Coruña. Expte. 8730/111. Desestimado o recurso.


BENESTAR SOCIAL
4.- Marco de actuación para o desenvolvemento do programa de prestacións individuais municipais non períodicas de emerxencia social para o ano 2015. Incremento da dotación. Expte. 102918/301.

CONTRATACIÓN
5.- Dar conta da Resolución do TACRC sobre o recurso especial na contratación do servizo para o mantemento integral das instalacións electromecánicas dos túneles, pasos inferiores e garías de servizos da cidade. Expte. 15341/444.

6.- Dar conta da Resolución do TACRC sobre o recurso especial interposto por Spetel Galicia, S.L., contra desestimento procedemento de subministración de dispositivos de impresión en réxime de arrendamento. Expte. 7075/113.

DEPORTES
7.- Solicitude de autorización para a organización da "Carreira Beer Runners Vigo" o día 19 de xullo. Expte. 14200/333.

EDUCACIÓN
8.- Expediente de contratación por procedemento aberto dos servizos para a xestión das Escolas infantís municipais (EIM) de Santa Cristina-Lavadores, Atalaia-Teis e Costeira-Saiáns. Expte. 17066/332.

EMPREGO
9.- Proposta de convenio de colaboración coa Asociación de comerciantes y hosteleros "VigoVello". Expte. 11832/77.

IGUALDADE
10.- Proposta de abonamento de gastos de comunidade da vivenda municipal E-638-C-8. Expte. 6746/224.

11.- Proposta de abonamento de gastos de comunidade da vivenda municipal e-638-C-7. Expte. 6747/224.

RECURSOS HUMANOS
12.- Dar conta de Resolucións asinadas polo concelleiro-delegado de Xestión Municipal:

a) Proposta de cobertura de postos de traballo vacantes no servizo de Administración Electrónica en réxime de adscripción provisional. Expte. 26798/220.

b) Autorización horas para o Taller de Vías e obras durante os meses de xuño, xullo e agosto. Expte. 6762/220.

c) Autorización horas para o servizo de Limpeza durante os meses de xuño, xullo e agosto 2015. Expte. 26764/220.

d) Autorización horas para o servizo do Parque Central durante os meses de xullo, agosto e setembro 2015. Expte. 26792/220.

e) Declaración da xubilación obrigatoria do empregado público municipal D. Juan Carlos López Ribada. Expte. 26786/220.

f) Declaración da xubilación obrigatoria do empregado público municipal D. José Andrés González Bello. Expte. 26787/220.

g) Declaración da xubilación obrigatoria do empregado público municipal D. José A. Lodeiro Covelo. Expte. 26788/220.

SERVIZOS
13.- Proxecto de humanización rúa Maqués de Valterra. Expte. 2390/443.

URBANISMO
14.- Proposta de aceptación de cesión anticipada por parte de D. Segundo Rodríguez Núñez na estrada de Marcosende. Expte. 84028/421.

15.- Aprobación definitiva do Proxecto de expropiación por taxación conxunta da primeira fase do sistema xeral SX/EQ-DC/C05/1 "Cidade da Xustiza". Expte. 240/413.

16.- Proposta de desestimación de recurso de alzada contra o acordo da Xunta de Compensación da APR A-2-36 Samil". Expte. 5148/401.

17.- Rogos e preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes aos expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día dez de xullo de 2015, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese aos Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e aos demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para os efectos de información.


Vigo, 8 de xullo de 2015.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.