venres, 10 xul 2015
O alcalde avanzou que o Concello cederá en setembro preto de 5.000 m2 á Xunta de Galicia para construir a Cidade da Xustiza. Cun custo para as arcas municipais de case 4 millóns de euros -dos que 2,6 foron investidos en expropiacións-, Caballero lembrou o compromiso de Feijóo de licitar o proxecto este mesmo ano.
venres, 10 xul 2015
O alcalde de Vigo avanzou esta mañá os temas que lle vai plantexar á responsable de Fomento, Ana Pastor, no encontro que van manter no Ministerio o mércores 22 de xullo. O AVE, a estación ou a avenida de Madrid serán algúns dos asuntos que abordarán neste encontro.
venres, 10 xul 2015
Así o comunicou este venres Abel Caballero, despois da Xunta de Goberno Local que acordou elevar en 100.000 euros os case 500.000 euros destinados a axudas de emerxencia, fundamentalmente para pagos de vivenda, suministros e alimentación. O Concello tamén aprobou hoxe o proxecto de humanización de Marqués de Valterra e deu luz verde á licitación da xestión de tres escolas infantís municipais.
venres, 10 xul 2015
O alcalde asinou esta mañá un convenio cos reponsables do Sporting Club Comesaña de Atletismo, que este ano celebra o seu centenario. O Concello aportará 8.000 euros para colaborar coas actividades que a entidade vai desenvolver con motivo da efeméride.
venres, 10 xul 2015
O alcalde de Vigo trasladou esta mañá a súa confianza en que a "relación coa nova directiva do Colexio de Avogados sexa tan boa como fo coa anterior". Así o dixo en rolda de prensa logo de manter un encontro na Alcaldía no que repasaron a situación do plan para a Cidade da Xustiza e se congratularon de manter o partido xudicial, sendo quen de cambiar "un proxecto de lei dun goberno que ten maioría absoluta", subliñou o rexedor.
venres, 10 xul 2015
Tras a reunión celebrada este venres, o alcalde explicou que o goberno local colaborará nos proxectos de intercambio de mozos e mozas que realizan as distintas sedes europeas do Rotary Club, de tal forma que tamén a xente de Vigo poida viaxar fora e aprender o idioma, indicou Caballero.
venres, 10 xul 2015
A Xunta de Goberno Local, na sesión do día 26 de xuño de 2015, aprobou, entre outros asuntos "As bases reguladoras e a convocatoria específica de subvencións da Concellería de Igualdade para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres, no ano 2015".