Subvencións da Concellería de Igualdade
A Xunta de Goberno Local, na sesión do día 26 de xuño de 2015, aprobou, entre outros asuntos "As bases reguladoras e a convocatoria específica de subvencións da Concellería de Igualdade para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres, no ano 2015".
O prazo para presentar as solicitudes é de 20 días naturais, contados dende o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A convocatoria publicouse no BOP de Pontevedra o día 7 de xullo de 2015, polo que, o derradeiro día para presentar a solicitude no Rexistro Xeral é o día 27 de xullo de 2015.
De acordo co disposto na Base décimo primeira do programa, as entidades poderán presentar a súa solicitude de axuda, segundo modelo normalizado a través do Rexistro xeral do Concello de Vigo, ou por algún dos procedementos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As Bases e os modelos normalizados para participar nesta convocatoria pódense solicitar na Oficina de Información do Concello ou descargar a través da paxina web da Concellería de Igualdade www.igualdadevigo.org na sección de "convocatorias" ou na paxina web municipal www.vigo.org"