Escoitar

O acordo entre Concello e Deputación garante a reforma integral do estadio de Balaídos

Caballero e Louzán asinaron hoxe mércores o convenio que garante a reforma integral do estadio de Balaídos. Durante este acto "histórico", o alcalde avanzou que as previsións pasan porque esta infraestrutura deportiva esté completamente remodelada ao longo da tempada 2017/2018.

mércores, 8 xul 2015
1436368670estadio.JPG
Abel Caballero e Rafael Louzán asinaron hoxe o convenio para a remodelación integral de Balaídos nun acto organizado no propio estadio no que tamén estiveron presentes o presidente do Celta, Carlos Mouriño, a tenente de alcalde, Carmela Silva, ademais dos edís David Regades e Manel Fernández. Segundo o documento asinado, ambas institucións achegarán a partes iguais 29,5 millóns de euros e tal e como avanzou o rexedor, e esta mesma semana se licitarán as obras pendentes en Tribuna, para que as obras poidan comenzar no mes de decembro. A continuación, acometeránse as obras en Río, onde nos últimos meses xa se traballa no reforzo da estrutura.

En declaracións aos medios, o rexedor reiterou a súa vontade de que outras administracións públicas ou privadas se sumen ao finanzamento das obras. Concretamente, apuntou que espera que Zona Franca asuma os 9 millóns da grada de Marcador, ao tempo que aclarou que Concello seguirá a buscar unha entidade que asuma o custo da grada de Gol. As cantidades que acheguen estes novos colaboradores minaránse das aportacións que se comprometen a facer Concello e Deputación. Respecto dos prazos, confiou en que a tempada 2017/2017 arranque cun campo totalmente remodelado.

No mesmo acto, Caballero e Louzán asinaron outro acordo de colaboración, neste caso para executar obras de mantemento en seis campos de fútbol construidos en Vigo pola Deputación. Concretamente, o convenio inclúe melloras nas seguintes dotacións: Sárdoma-Moledo, San Andrés de Comesaña, Meixueiro, A Bouza, A Guía e Santa Mariña.
Descargar todas as imaxes