Escoitar

Medidas de tráfico por obras

martes, 7 xul 2015
- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de ASFALTADO, a realizar polo Concello de Vigo, estará pechada ao tráfico a rúa SAN COSME(ZAMANS), con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, os días 03/07/2015, 06/07/2015 e 08/07/2015. Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas Marcosende e Zamans

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de canalización de gas, a realizar pola empresa Gas Galicia S.D.G., S.A., estará pechada ao tráfico a rúa ESPIÑEIRO 1(TRVA) Nº 54 - 74 (VIGO), con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 08/07/2015 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de fresado e asfaltado, a realizar pola empresa Construcciones Fechi S.L.U., estará pechada ao tráfico, en HORARIO NOCTURNO (23:00 a 06:30 horas), a rúa BUENOS AIRES(AVDA) (VIGO), con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 06/07/2015 ás 23:00 horas e por un período aproximado de cinco noites. A entrada e saída da AP9, nese horario, será por Isaac Peral ou polo túnel de Fomento.