Manel Fernández di do pádel que "se abre camiño con forza" e destaca a inscrición no III Trofeo Concello de Vigo
Manel Fernández, concelleiro de Deportes, presentou hoxe a terceira edición do Torneo Concello de Vigo de pádel, acompañado polo presidente do Club Barreiro Pádel, Antonio Amaro, así como o director técnico de Máis que Auga, Francisco Cortegoso, e o responsable deste deporte nos complexos MQA, Xoel Tejo.
O edil de Deportes afirmou que o pádel "ábrese camiño con forza e cada vez hai máis practicantes", felicitando á organización polo número de deportistas inscritos "que participan con toda a forza e enerxía". O concelleiro subliñou que este torneo non é só un evento deportivo senon que "tamén constrúe deporte e cidade", anunciando "o compromiso municipal de seguir apontoando todas as iniciativas de actividade física e saudable".
O torneo é o único con respaldo municipal ao levar o nome do Concello, o que o converte no oficioso Campionato de Vigo por terceiro ano, tralas citas de novembro de 2012 e setembro de 2014. Agora o evento chega en pleno verán pero mantendo o mesmo número de categorías: dez, tres federadas (1ª masculina, feminina e mixta) e sete open ou non federadas (2ª, 3ª e 4ª en homes e 2ª e 3ª nos cadros feminino e mixto).
Amaro agradeceu a disposición e implicación do Concello e valorou que o torneo sexa oficial, de categoría prata para a Federación Galega de Pádel, "que lle dá máis empaque e calidade". De feito, 45 das 202 parellas que entran hoxe en competición son federadas e chegadas de varios puntos da comunidade autónoma.
Dende o club organizador amósanse satisfeitos polo crecemento do evento, que pasou de 130 parellas en 2014 a máis de 200 agora, con 36 parellas femininas e 41 mixtas, e avanzouse que "coa apertura de MQA Navia despois do verán" (oito pistas azuis e panorámicas cubertas) "o pádel en MQA vaise colocar nunha posición moi boa".
Cortegoso, pola súa banda, indicou que en MQA "o pádel ten a mesma importancia que outras actividades pola demanda a nivel popular que xerou", e lembrou que polo menos 1.500 persoas pasaron en 2014 polas súas pistas.
De feito, MQA traballa cunha gran canteira de rapaces e rapazas, que se multiplicou por catro o último ano mentres que a escola sénior rolda as 300 persoas.
O complexo municipal de Barreiro conta con dúas pistas de muro cubertas, catro de cristal cubiertas e catro de muro ao aire libre.
Descargar todas as imaxes