venres, 3 xul 2015
O alcalde asinou esta mañá un convenio de 15.000 euros coa responsable da Rede de Mulleres contra os malos tratos. Esta achega súmase a outros acordos que se asinaron recentemente e que elevan o apoio municipal a este colectivo a preto de 60.000 euros.
venres, 3 xul 2015
Abel Caballero e Francisco Soto Barilac, delegado en Vigo do Comité Galego de árbitros de fútbol, asinaron esta mañá un convenio que permitirá a estes profesionais usar sen custo as pistas de atletismo de Balaídos. Para os seus adestramentos. O Concello autoriza a este colectivo o uso destas instalacións entre as 20,00 e as 22,00 horas, os luns, mércores e venres.
venres, 3 xul 2015
O Auditorio Mar de Vigo será o lugar no que as familias dos 416 beneficiarios das bolsas de inglés participen o próximo día 7 de xullo nunha charla informativa. Tal e como explicou o rexedor, desde o ano 2008 xa son preto de 2.600 alumnos os que gozaron dunha estancia en réxime de inmersión lingüística.
venres, 3 xul 2015
Manel Fernández, concelleiro de Deportes, presentou hoxe a terceira edición do Torneo Concello de Vigo de pádel, acompañado polo presidente do Club Barreiro Pádel, Antonio Amaro, así como o director técnico de Máis que Auga, Francisco Cortegoso, e o responsable deste deporte nos complexos MQA, Xoel Tejo.