Volotea propón ao Concello ampliar a súa operatividade desde o aeroporto de Vigo
Abel Caballero avanzou hoxe mércores o interese de Volotea para ampliar a súa operatividade en Vigo. Os directivos trasladáronlle ao rexedor a posibilidade de abrir unha base en Peinador.
O director xeral de Volotea, Lázaro Ros, e o director de estratexia, Marco Comani, trasladáronlle esta mañá ao rexedor varias posibilidades de ampliar a súa operatividade en Vigo, incluíndo, entre elas, a apertura dunha base en Peinador. O alcalde, quen lembrou que o Concello xa ten un convenio coa compañía para facer as rutas de Valencia, Palma de Mallorca e Ibiza, cualificou de "razoables" as propostas desta compañía de baixo custo. Imos a estudar o prantexamento, dixo, que pasa por "ampliar aeroportos, tempos de operativos e días a semana".
En declaracións aos medios, deu conta da boa marcha dos vóos a Valencia, Palma e Mallorca e Ibiza, conexións ás que se suman as que ofertan o resto das compañias que operan en Peinador ademais do concurso que está en trámite nestes momentos e que, segundo o rexedor, sairá adiante este mes de xullo.
Descargar todas as imaxes