O goberno local converte Manuel Núñez nunha rúa peonil tras a súa humanización
O Concello de Vigo ven de finalizar unha humanización que transforma Manuel Núñez nunha vial peonil, con prioridade para os peons e circulación restrinxida a vehículos de carga e descarga e residentes. A rúa, que presenta a calzada e as beirarrúas nunha mesma cota, xa está aberta e foi visitada hoxe mércores polo alcalde de Vigo, Abel Caballero.
Segundo explicou Caballero durante a visita, a humanización de Manuel Núñez, no seu treito entre Ecuador e María Berdiales, supuxo a transformación do vial e a renovación das canalizacións de abastecemento, saneamento e pluviais, ademais dos servizos eléctricos e de telecomunicacións.
O goberno local tamén modernizou a iluminación con 10 novos puntos de luz LED de baixo consumo, tal e como indicou Caballero, e incorporou en superficie beirarrúas de granito á mesma cota que a calzada, xa que Manuel Núñez pasa a ser desde hoxe unha rúa con prioridade para os peóns, circulación máxima a 20 quilómetros por hora e restrinxida a vehículos de carga e descarga (de 8 a 11h) e residentes.
Abel Caballero explicou que Manuel Núñez era unha rúa "moi complicada, con moita pendente" na que se aplica agora un modelo de tránsito similar ao de Príncipe. O alcalde avanzou que a parada de taxis pasará a estar ubicada na parte máis ancha de Manuel Núñez, con estacionamento a ambos lados da calzada.
Descargar todas as imaxes