A Vigo é a cidade española con máis bandeiras azúis de toda España, con 10 distincións
Caballero participou esta mañá no izado de bandeiras azúis na praia da Argazada. Durante o acto, lembrou que Vigo é a cidade española con máis recoñecementos xa que ás nove enseñas obtidas, súmase o Sendeiro azul do río Lagares.
Nas praias de Vigo lucen desde esta mañá as nove bandeiras azúis que acadaron outros tantos arenais vigueses pola calidade dos seus servizos. Caballero, que participou esta mañá no izado, congratulouse de que Vigo manteña as mesmas disticións que o ano pasado, incluído o Sendeiro Azul para o Paseo do Lagares. As praias distinguidas en Vigo, a cidade española con máis recoñecementos, son: O Vao, Argazada, Rodas, Figueiras, A Punta, Tombo do Gato, Muíños do Fortiñón, Canido e Fontaíña.
Para atender a seguridade destes e do resto dos arenais, o Concello dispón da Unidade de Coste e Praia da Policía Local, con 16 axentes, aos que se suma unha media de 7 u 8 efectivos de Protección Civil, en cada quenda.
Asimesmo, destacou o rexedor, o servizo de socorrismo e salvamento en praias mantense como en anos anteriores -entre o 15 de xuño e o 15 de setembro- (cando na maior parte das cidades reduciuse). Explicou que se contrataron 60 socorristas que operarán por quendas para garantir a presenza permanente dun mínimo de 43 socorristas (25 acuáticos e 18 en primeiros auxilios). Ademais, este ano, como novidade, haberá permanentemente nas praias 6 diplomados en enfermería. Tamén hai unha ambulancia propia e exclusiva para o servizo de praias.
En total, engadiu Caballero, a inversión total en socorrismo e atención sanitaria supón un investimento de preto de medio millón de euros.
Descargar todas as imaxes