Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 16 xul 2015


ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 17 DE XULLO DE 2015.


ALCALDÍA
1.- Proposta de concesión de subvención á "Asociación de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia" (AFAGA). Expte. 13075/101.


DEPORTES
2.- Solicitude de autorización para a organización do "XXVII Gran Premio Ciclista Meixueiro" o 18/07/15. Expte. 14201/333.

3.- Solicitude de autorización para a organización da "XXXVII Travesía a nado El Corte Inglés-Trofeo Ría de Vigo-Natación largo a distancia" o vindeiro 09/08/15. Expte. 13997/333.

4.- Proposta de convenio de colaboración coa entidade "Real Club Celta de
Atletismo" en base ao desenvolvemento da súa actividade. Expte. 13953/333.

5.- Proposta de convenio de colaboración coa entidade "Club Atletismo Feminino Celta" en base ao desenvolvemento da súa actividade. Expte. 13954/333.

6.- Proposta de convenio de colaboración coa entidade "Fundación Celta de Vigo" para a dinamización dun programa de fútbol base na cidade. Expte. 14196/333.


FESTAS
7.- Proposta de desestimación do recurso de reposición interposto pola Federación Veciñal "Eduardo Chao" contra resolución do convenio para a organización do programa "Move Vigo 2014". Expte. 6127/335.


IGUALDADE
8.- Proposta de desestimación do recurso de reposición interposto pola Federación Veciñal "Eduardo Chao" contra resolución denegatoria de subvención. Expte. 6679/224.

9.- Proposta aboamento gastos de comunidade da vivenda municipal E-638-C-6. Expte. 6748/224.


LIMPEZA
10.- Segunda revisión ordinaria do prezo do contrato para o servizo de mantemento e reparación das instalacións de contenerización soterrada. Expte. 5531/252.


MEDIO AMBIENTE
11.- Autorización de solicitude de axuda á Rede Española de Cidades Saudables (FEMP) para o desenvolvemento de actuacións en materia de concello saudable. Expte 14409/310.


PATRIMONIO HISTÓRICO
12.- Proposta de autorización para a redacción do Proxecto modificado Nº 1, sen incremento económico do básico e de execución da rehabilitación da Casa do Patín. Expte. 7757/307.


RECURSOS HUMANOS
13.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas dun/dunha auxiliar de admón. xeral, baixo a modalidade prevista no art. 10.1.d) da lei 7/2007, de 12 de abril (EBEP), por un período máximo de seis meses, para o servizo de Asesoría Xurídica. Expte. 26830/220.

14.- Pagamento atrasos diferencia de función Sentenza nº 177/2005, de 24 de maio, do Xulgado Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo (Alfredo Cabaleiro Besada). Expte. 26789/220.

15.- Dar conta das resolucións asinadas polo concelleiro-delegado de Xestión Municipal e Persoal:

a) Declaración da xubilación anticipada de Dna. Mª Jesús Taboada Pardo. Expte. 26355/220.

b) Autorización horas para o Taller de Vías e Obras (Festa da Consolación de Coia 2015). Expte. 26791/220.

c) Autorización horas para o servizo de Seguridade e Mobilidade durante os meses de xullo, agosto e setembro 2015. Expte.26790/220.

d) Autorización horas para o servizo de Museos durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2015. Expte. 26801/220.


16.- Rogos e preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes aos expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 17 de xullo de 2015, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese aos Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e aos demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para os efectos de información.


Vigo, 15 de xullo de 2015.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.