Escoitar

O Concello e VITRASA abren unha nova liña nocturna a Navia para este verán

A liña N3 do transporte urbano de Vigo, que estará operativa ata o próximo 5 de setembro, arranca hoxe e funcionará as noites dos venres e sábados cunha frecuencia de 60 minutos.

xoves, 16 xul 2015
A partir de hoxe, o Concello de Vigo e Vitrasa poñen en marcha un servizo especial nocturno a Navia (N3) as fins de semana cunha frecuencia de 60 minutos. Trátase dun servizo especial de verán que funcionará os meses de xullo e agosto ata o 5 de setembro.

O novo servizo, que realizarase os venres e sábados, terá o seguinte percorrido:
•Ida: Teixugueiras,29 – Limpiño – VG20 – Bouzas (Igrexa) – Bouzas (Alameda) – C.Veiga – Tomás A. Alonso – Pza. E. Fadrique - Torrecedeira – La Paz – Pi i Margall – P.Sanz - G.Barbón "RotondaMiragaia"
•Volta: G. Barbón "RotondaMiragaia" - P.Sanz– Pi i Margall – López Mora – Fragoso – Pablo Iglesias - Padre Seixas – Porriño (Cemiterio) – Teixugueiras,38.

O transporte público urbano de Vigo xa conta con dúas liñas nocturnas, con esta terceira amplía o serizo á zona en expansión de Navia. Trátase dunha aposta por ofrecer o mellor servizo aos cidadáns co obxectivo de que os vigueses poidan disfrutar das noites de ocio da cidade sen a necesidade de coller o vehículo particular. Deste xeito, os mozos, principais usuarios deste servizo, benefícianse dun medio de transporte económico, seguro, rápido e cómodo.

Máis información