O goberno local acondicionará o acceso desde a rúa Corredoura ata a Igrexa románica de Castrelos
Abel Caballero deu conta esta mañá das diferentes obras que se están a realizar en distintas parroquias da cidade e entre as que destacou a humanización da rúa Corredoura. Este proxecto inclúe o acondicionamento dos accesos desde a rúa á Igrexa románica de Castrelos. <br />
O proxecto de humanización da rúa Corredoira que se está a acometer vai incluír o acondicionamento do acceso desde esta rúa á Igrexa románica de Castrelos. Deste xeito, explicou o rexedor, o Concello comeza coas melloras para a conmemoración, no 2016, dos oito séculos de vida do templo románico. Concretamente, avanzou, vaise asfaltar, soterrar as liñas e colocar farolas fernandinas, acordes co contorno.
O alcalde tamén deu conta do inicio, a semana que ven, da dosificación de reactivos de ETAP-Casal para mellorar a calidade da auga. Cun orzamento de 330.000 euros, o Concello realizará unas obras que lle correspondería á Xunta á que Vigo lle paga un canon anual de 5 millóns de euros polo saneamento.
Ao mesmo tempo, tamén se está a reforzar o muro de Portiño, na baixada á Saiáns, para evitar máis desprendementos. Esta obra, orzamentada en 119.000 euros, súmase aos traballos de estabilización do muro de A Lagoa, en Teis, que se están a realizar cun custo de 124.000 euros.