xoves, 5 nov 2015
Dende este xoves o barco Bernardo Alfageme, situado na rotonda de Coia, loce dúas pancartas, unha a babor e outra a estribor, que amosan o respaldo da cidadanía á pesca do cerco baixo o lema "Vigo apoia ao cerco galego. Por un reparto xusto". O alcalde explicou que cumpre así co compromiso que adquirira a semana pasada na xuntanza que mantivo con representantes da flota do cerco, unha actividade que Abel Caballero considera "un sinal de identidade desta cidade"e insta á Xunta de Galicia a que atenda as súas demandas.
xoves, 5 nov 2015
O alcalde de Vigo conversou este xoves no salón de Plenos cos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria do colexio Eduardo Pondal, de visita no Concello dentro dun programa didáctico municipal que ofrece visitas guiadas aos escolares para que aprendan a estrutura e as funcións da administración local viguesa.