Caballero encarga un estudo xurídico para verificar se a paralización da LRSAL esixe actuacións de rango legal
Segundo revelou este martes o alcalde e presidente da FEMP, o Goberno de España paraliza a aplicación da Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local -que obriga aos concellos a deixar de aplicar política social desde 2016- ata que se teñan negociado as normas de financiamento autonómico e local. "Coa carta do secretario de Estado, o Goberno recoñece que a lei é un erro e unha catástrofe que ten que ser paralizada", apuntou Caballero.
O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, Abel Caballero, anunciou este martes a elaboración dun estudo xurídico para verificar se a paralización definitiva da Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local (LRSAL) require outras actuacións de rango legal "porque unha carta do secretario de Estado non é suficiente para paralizar unha lei e se se require algunha outra actuación".
Caballero manifestábase deste xeito tras coñecer "con enorme agrado" a noticia de que o Goberno de España paraliza a aplicación da nomeada lei ata que se teñan negociado as normas de financiamento autonómico e local. A información, que lle foi notificada mediante unha carta remitida polo secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta, representa "o recoñecemento de que a lei é unha catástrofe que ten que ser paralizada".
En manifestacións anteriores, o alcalde vigués veu lembrando que a entrada en vigor da lei suporía que, a partir do 1 de xaneiro de 2016, "centos de miles de nenos de toda España íanse a quedar sen as súas bolsas de comedor, centos de miles de persoas maiores quedarían sen atención social, centos de miles de persoas quedarían sen comedores sociais, centos de miles de persoas quedarían sen atención en teleasistencia, miles e miles de persoas quedarían sen lugares para durmir, e por tanto teriamos un auténtico caos en toda España".