martes, 3 nov 2015
Abel Caballero deu conta esta mañá do envío dunha carta ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, transmitíndolle que xa están a disposición do terreos para construír a Cidade da Xustiza. En declaracións aos medios, o rexedor instou ao goberno autonómico a comezar "de inmediato" as obras.
martes, 3 nov 2015
Segundo revelou este martes o alcalde e presidente da FEMP, o Goberno de España paraliza a aplicación da Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local -que obriga aos concellos a deixar de aplicar política social desde 2016- ata que se teñan negociado as normas de financiamento autonómico e local. "Coa carta do secretario de Estado, o Goberno recoñece que a lei é un erro e unha catástrofe que ten que ser paralizada", apuntou Caballero.
martes, 3 nov 2015
Abel Caballero valorou este martes a celebración do quinto aniversario de Fundamar, un "feito da maior importancia" ao estar representados patronal e sindicatos "na procura dunha senda común" para o sector, en seguridade laboral, calidade no emprego, actividade económica e pesca responsable. O alcalde avogou por priorizar a pesca sobre intereses particulares e ofreceu a "cooperación" do Concello para que Vigo "siga liderando a pesca en Europa".
martes, 3 nov 2015
O mércores dia 4 comeza a terceira edición do festival vertixeVIGO15, un festival internacional de creación musical contemporánea que se extenderá durante todo o mes de novembro e que organizan conxuntamente a Concellería de Cultura e maila Asociación Cultural VERTIXE SONORA.