Escoitar

Abel Caballero ofrece "todo o apoio" ao presidente do porto de Vigo

"Nada desexa tanto o alcalde como escoitar que o Porto vai ben". Con esta premisa, o rexedor recibiu este martes ao novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, nun encontro cordial no que lle amosou o apoio do Concello á súa xestión, xa que considera que as dúas entidades deben traballar xuntas polo ben da cidade.

martes, 3 nov 2015
1446559998presidente.JPG
O primeiro encontro entre Abel Caballero e Enrique López Veiga, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, serviu para manifestar a colaboración entre as dúas institucións que "inauguramos unha moi boa etapa de cooperación", en palabras do rexedor, quen engadiu que "o Porto e a cidade teñen que ir xuntos e por parte do alcalde vai ter todo o apoio que precise para a súa xestión", tendo en conta que é unha "actividade económica clave na cidade".

Trala xuntanza, Abel Caballero explicou que o modelo de relación entre o Concello e o Porto será "o do diálogo, o da confluencia e o da miña convicción, despois de ser presidente máis de dous anos e medio, de que o Porto se goberna desde a Autoridade Portuaria. Teremos que levar adiante acordos e o presidente anterior tivo toda a cooperación do alcalde de Vigo en todas as decisións portuarias que tomou". Ademais expresou que "nada desexa tanto o alcalde como escoitar que o Porto vaia ben polo tanto ofrezo toda a colaboración".
Descargar todas as imaxes