O Concello dedica máis de medio millón de euros á loita contra a violencia de xénero
O alcalde informou este venres da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local dun convenio coa Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo polo que recibirán 10.000 euros para financiar o seu labor de intervención coas vítimas da violencia machista e sinalou que o goberno local dedica á loita contra esta violencia máis de medio millón de euros.
A Xunta de Goberno Local celebrada este venres pola mañá deu o visto bo ao convenio coa Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo para apoiar o seu labor de intervención coas mulleres vítimas da violencia de xénero e coas súas familias. O convenio establece unha axuda de 10.000 euros por un período de seis meses.
Abel Caballero apuntou o traballo de prevención que se realiza dende o Concello neste ámbito así como as achegas municipais ao Centro de Emerxencia para Mulleres en situación de violencia de xénero, aos pisos de acollida, ao Equipo de Vixilancia e Apoio Policial e á rede veciñal contra os malos tratos que superan o medio millón de euros para loitar contra esta lacra.
Outros acordos da Xunta de Goberno Local
O goberno local aprobou tamén este venres pola mañá a adxudicación das obras de estabilización do noiro do Camiño da Lagoa en Teis, que se vén reparando periodicamente. Así mesmo, deu autorización para a celebración da terceira edición da carreira "Vigo contra o cancro" que se desenvolve este domingo con saída dende a Avenida de Castelao e na que as persoas participantes poden percorrer o traxecto, duns cinco quilómetros, correndo ou andando co fin de apoiar ás familias e enfermos que sofren esta enfermidade e recadar fondos para a Asociación Española contra o Cancro.