O presidente da FEMP defende a política local como lexitimación da política xeral
Abel Caballero referiuse ás cidades como espazo no que os cidadáns accederon e implantaron novos modelos de participación política. Na súa intervención nun almorzo informativo insistiu nunha reforma constitucional que recolla a autonomía local, as competencias muncipais e un novo modelo de financiación. Pediu a derogación da reforma local para evitar que o próximo 1 de xaneiro se produza un caos polo peche de servizos.