venres, 30 outubro 2015

O Concello dedica máis de medio millón de euros á loita contra a violencia de xénero

venres, 30 out 2015

O alcalde informou este venres da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local dun convenio coa Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo polo que recibirán 10.000 euros para financiar o seu labor de intervención coas vítimas da violencia machista e sinalou que o goberno local dedica á loita contra esta violencia máis de medio millón de euros.

O alcalde respalda as demandas dos 350 afectados en Vigo polo conflito do cerco

venres, 30 out 2015

"Teñen o noso apoio, as súas razóns son xustas", asegurou Abel Caballero tras unha reunión que mantivo este venres con representantes da flota do cerco. Estes solicitaron a instalación dunha pancarta de apoio co obxectivo de mobilizar a opinión da cidade. O rexedor denunciou a "gravísima situación de risco de perder toda a flota" dos entre 300 e 350 afectados en Vigo polas cotas asignadas.

Medidas de tráfico por obras

venres, 30 out 2015

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento do túnel de Beiramar, lado terra, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra, estará pechado ao tráfico o túnel, lado terra, da rúa BEIRAMAR, o domingo 01/11/2015 dende as 07:30 a 14:00 .Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Anuncio Festividade de San Martin de Porres

venres, 30 out 2015

Comunícase que co gallo da celebración da festividade de San Martín de Porres, patrón dos traballadores do Servizo de Recollida de Residuos e Limpeza viaria, a celebrar dende as 6:00 horas<br /> do próximo mercores día 04 de novembro ata as 06:00 horas do xoves 5 de novembro, non se prestará o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos nin o de limpeza na cidade de Vigo. Rogámoslles desculpen as molestias que con motivo de dita festividade poidan ocasionarse.