mércores, 28 out 2015
Abel Caballero informou da sinatura dos convenios de colaboración co Ministerio de Fomento no marco do Plan Estatal 2013-2016 de Rexeneración e Renovación Urbana, que para Vigo supón un total de 136 accións de rehabilitación. O goberno de Vigo subvencionará as melloras con 786.000 euros.
mércores, 28 out 2015
Abel Caballero cooperará co Instituto de Investigacións Mariñas na súa intención de trasladarse á ETEA e "ser o elemento de arranque da Cidade do Mar. Logo de manter un encontro co novo director, Antonio Figueras, Caballero avanzou que, segundo lle trasladaron, o CSIC xa está a estudar esta petición de traslado que "conta con todo o apoio do Concello porque é moi importante retomar a investigación e o I+D+I".
mércores, 28 out 2015
Abel Caballero reuniuse esta mañá con representantes da organización do Salón do Automóbil de Vigo que no vindeiro mes de abril celebra a súa vixésimo quinta edición. O rexedor felicitou aos responsables do evento polo "magnífico traballo realizado nestes 25 anos" e comprometeuse a "seguir cooperando como sempre fixo o Concello, que ten sido un factor de dinamización do Salón".
mércores, 28 out 2015
Na inauguración este mércores dun encontro no que interventores e secretarios de municipios de toda España analizan o custo efectivo dos servizos públicos das entidades locais, o alcalde manifestou que a inmensa maioría dos concellos españois queren a derrogación da lei e rexeitan que se aplique ese concepto o vindeiro ano, xa que se descoñece a fórmula para empregalo. Ademais, o rexedor sostén que o cálculo do custo efectivo debe ter en conta as características particulares de cada municipio.