O alcalde apoia o interese do Instituto de Investigacións Mariñas de trasladarse á ETEA
Abel Caballero cooperará co Instituto de Investigacións Mariñas na súa intención de trasladarse á ETEA e "ser o elemento de arranque da Cidade do Mar. Logo de manter un encontro co novo director, Antonio Figueras, Caballero avanzou que, segundo lle trasladaron, o CSIC xa está a estudar esta petición de traslado que "conta con todo o apoio do Concello porque é moi importante retomar a investigación e o I+D+I".