Os billetes de Ryanair desde Vigo a Barcelona, Dublín e Boloña saen á venda este martes na súa páxina web
Abel Caballero e José Espartero, director de vendas de Ryanair para España e Portugal presentaron este luns no Concello as novas rutas que conectarán Peinador con Barcelona a partir do 2 de xaneiro, con Dublín e Boloña dende abril de 2016 e con Edimburgo e Milán en 2017. A compañía irlandesa estima que moverá dende Vigo 150.000 pasaxeiros e acadará o 90% de ocupación nos seus voos, que estarán dispoñibles dende mañá martes na súa páxina web por 19,99 euros.

Dende este martes 27 de outubro, poderán mercarse na páxina web de Ryanair os billetes con saída dende o aeroporto de Vigo e con destino a Barcelona, Dublín e Boloña, as novas rutas que estarán dispoñibles no aeroporto para o vindeiro ano 2016. Así o explicaba esta mañá ante os medios de comunicación José Espartero, director de vendas para España e Portugal, quen acompañou ao alcalde na presentación das novas rutas da aeroliña irlandesa.
Abel Caballero amosouse satisfeito ante o "momento especial da presenza de Ryanair en Vigo" logo da apertura do concurso municipal que gañou concorrendo en libre competencia. Engadiu o rexedor que "Vigo é unha cidade con apego á súa propia capacidade de comunicarse e demandou sempre os mellores medios de comunicación" ao ter "vocación de moverse e viaxar" e sinalou que o Concello quere que os voos teñan un prezo accesible e que este sexa un "factor clave" da modernidade.
José Espartero apuntou que Vigo será o aeroporto número 25 no que opere a compañía dende o próximo ano, onde estiman que moverán 150.000 pasaxeiros creando 150 postos de traballo. O 2 de xaneiro de 2016 comezan os voos diarios a Barcelona e en abril abrirán as rutas a Boloña e Dublín con dúas frecuencias semanais, quedando para 2017 o comezo dos voos a Edimburgo e Milán. Dende mañá martes poderán adquirirse a través da páxina web de Ryanair os billetes a Barcelona, Dublín e Boloña por un prezo de 19,99 euros, que se manterá ata a medianoite do xoves 29 de outubro.
Descargar todas as imaxes