Escoitar

Cayetano Rodríguez define "vertixeVIGO15" como un "festival de referencia na creación da música contemporánea"

Na presentación da terceira edición deste festiva, o concelleiro de Cultura eloxiou "a capacidade creativa" e o "compromiso" dos organizadores e comprometeu "continuidade a este tipo de eventos no futuro". VertixeVIGO15 é un festival internacional de creación musical contemporánea que se extenderá durante todo o mes de novembro.

venres, 23 out 2015
1445603962vertixe.JPG
O Concello de Vigo e maila Asociación Cultural VERTIXE SONORA presentaron este venres a terceira edición de vertixeVIGO15, un festival internacional que serve de plataforma de presentación aos novos creadores internacionais e permite establecer vínculos culturais que reforcen a nosa identidade nun marco globalizado, dando mostra en tempo real da rica diversidade que está a renovar o discurso das artes sonoras na nosa época, e na que esta cita quere desempeñar un activo protagonismo. Vangarda e contemporaneidade son conceptos estreitamente vinculados ao festival e tamén á cidade de Vigo, sempre prolífica e punteira na creación cultural emerxente.

VertixeVIGO é un festival urbano que, ademais, espállase polos espazos emblemáticos da cidade en música e creación artística. Conservatorio, MARCO, Verbum, Fundación Laxeiro e Universidade forman parte desa rede do festival.

10 estreas mundiais, 7 concertos, 2 obradoiros, 9 conferencias e 15 países representados. VertixeVIGO chega á súa terceira edición para consolidarse como undos espazos europeos de difusión da música contemporánea máis innovadores e aprincipal plataforma española para coñecer a creación musical experimental emerxente no ámbito internacional.

Poderemos escoitar estreas mundiais de compositores provintes de diferentes partes do planeta que escolleron esta plataforma para a súa presentación en España. Juan Pablo Carreño (Colombia), Pablo Galaz (Chile), Arash Yazdani (Irán), Natalia Prokopenko (Rusia), Edgar Barroso (México), Elena Rykova (Rusia), Miguel Ángel Tolosa (España), Ingar Zach (Noruega), Andrés Nuño De Buen (México) e Murat Çolak (Turquía). Tamén estarán por primeira vez en Galicia Espai Sonor de Sueca (Valencia), Nou Ensemble de Palma de Maiorca ou V. Salvi xunto a Miguel Carvhallais do Porto (Portugal).

Nesta nova singradura incorpóranse os singulares proxectos educativos ALIEN e MÚSICAPORDENTRO coa vontade de afianzar a presenza internacional das institucións galegas procurando modelos interinstitucionais que promovan a innovación e aglutinen propostas illadas para a súa mellor visibilización.

Organizada por Vertixe Sonora, un dos colectivos máis destacados na aposta pola música contemporánea e polo diálogo e a confluencia entre a música e as artes, quere converter á cidade nunha sala de concertos, explorando novas relacións entre os espazos e o público, establecendo sinerxías que permitan ofrecer contidos culturais de calidade cun aproveitamento máximo dos recursos e infraestruturas da cidade.
1445603962vertixe.JPG
1445603970cartelvertixeVIGO15.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información