Pleno da Corporación
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 14
CONVOCATORIA
ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 26 de OUTUBRO de 2015, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.
PARTE RESOLUTIVA
1.- Actas anteriores . (Acta Pleno ordinario (agosto) do 8.09.2015).
.- Intervención dunha representante do Colexio Oficial de Enfermería de Pontevedra referente ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Expte. 1250/1101
2.- Declaracións institucionais.
2.- Declaración institucional do Concello de Vigo con motivo marcha estatal contra as violencias machistas de 7 de novembro de 2015. Expte. 1251/1101
3.- Ditames das comisións informativas:
CULTURA EDUCACIÓN E PATRIMONIO
3.1.- Nova denominación da rúa "Carlos Oroza Fernández (poeta)" para a actual Primeira Travesía de Príncipe e a súa inclusión no rueiro. Expte. 14615/331 (1247/1101)
RÉXIME INTERIOR, SEGURIDADE E MOBILIDADE
3.2.- Dar conta da Resolución da Alcaldía de data 17.09.15 referente a aceptación da renuncia do réxime de dedicación parcial de Dª Elena González Sánchez. Expte. 1211/1101
3.3.- Modificación da modalidade na xestión directa dos servizos públicos de Educación (Escola Municipal de Artes e Oficios), Ocio e Tempo Libre (Parque das Ciencias Vigo-Zoo) e Deportes (Instituto Municipal dos Deportes). Expte. 1396/110 (1246/1101)
URBANISMO
3.4.- Aprobación da modificación do uso dotacional deportivo da parcela municipal sita no Plan Parcial do Parque Tecnolóxico e Loxístico para ser destinada a aparcamento público. Expte. 15198/411 (1240/1101)
4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.
5.- Mocións:
5.1.- Moción do Grupo municipal de Marea de Vigo solicitando da Xunta de Galicia parar a privatización do colectivo de celadores que se está a impoñer no Hospital Álvaro Cunqueiro. Rexistro Pleno 1229/1101.
5.2.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a corrixir as deficiencias viarias e de seguridade nos accesos viarios internos do Hospital Álvaro Cunqueiro, garantindo a gratuidade dos aparcadoiros. Rexistro Pleno 1237/1101.
5.3.- Moción do Grupo municipal Socialista instando ao Goberno de España a derrogación do RDL 16/2012 substituíndoo por outra lei que recoñeza a cobertura sanitaria universal como dereito constitucional en igualdade de condicións para tódalas persoas. Rexistro Pleno 1238/1101.
5.4.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a incorporación nos orzamentos de 2016 de partidas económicas precisas para garantir que a "Cidade da Xustiza" entre en funcionamento no ano 2017 e outros acordos complementarios. Rexistro Pleno. 1245/1101
5.5.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xerencia da Área Sanitaria de Vigo a adoptar as medidas necesarias para evitar os tempos espera na obtención dunha cita sanitaria no Hospital Álvaro Cunqueiro. Expte. 1252/1101
6.- Asuntos ou mocións urxentes.
PARTE DE CONTROL
1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.
1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.
1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.
2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.
3.- Comparecencias de membros da Corporación.
4.- Mocións.
4.1.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando do goberno municipal a facilitar o acceso ás contratacións de Parques e Xardíns e en particular canto custaron os setos decorativos e olivos, a quen se lle contrataron e mediante que procedementos foron asinados. Rexistro Pleno 1231/1101.
4.2.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a que converta os parkings da Porta do Sol e Praza de Portugal en xestión municipal que permita establecer prezos razoables e solucionar a demanda de aparcadoiros de residentes. Rexistro Pleno 1234/1101.
4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.
5.- Formulación de rogos.
6.- Formulación de preguntas.
DECRETO DE CONVOCATORIA:
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día VINTE E SEIS, para resolver os asuntos da devandita relación.
Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.
Vigo, 22 de outubro de 2015
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,
Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.