Escoitar

Caballero constata que o 80% da poboación defende a proporcionalidade do voto na Área Metropolitana

Abel Caballero mantivo esta mañá un encontro con 18 alcaldes da área -14 que forman parte do ente supramunicipal e 5 aspirantes- no que constatou o acordo do 80% do territorio -en termos poboacionais- de defender a proporcionalidade do voto no goberno da área. Na súa opinión, a maioría dos rexedores avogan por retomar o consenso do proxecto que levaron ao Parlamento os gobernos de Manuel Fraga e Alberto Núñez Feijóo e que foi aprobado anteriormente en todos os concellos. <br />

xoves, 22 out 2015
1445531686cumbrealcaldes.jpg
Abel Caballero ratificou o acordo do 80% da área metropolitana -en termos de poboación- co proxecto de lei que aprobaron todos os concellos e que foi impulsado no seu día no Parlamento galego polos gobernos de Manuel Fraga e, posteriormente, de Alberto Núñez Feijóo. Durante un encontro celebrado esta mañá no edificio municipal do Areal, o rexedor olívico constatou o interese dun importante número de alcaldes de retomar o consenso, impulsar a modificación da actual lei -emendada polo propio PP na súa tramitación parlamentaria- e axilizar a súa posta en funcionamento.

Neste primeiro encontro que mantivo cos dirixentes dos 14 concellos establecidos na lei, máis os 5 aspirantes, puxéronse enriba da mesa temas tan importantes como o transporte metropolitano, a situación dos servizos sanitarios ou o abastecemento da auga. Segundo explicou o alcalde vigués, algúns dos seus homólogos "operan en termos políticos" defendendo ao seu partido e non aos seus veciños. Nesta liña, insistiu que nestes momentos só fai falta vontade política para modificar a lei e garantir a proporcionalidade na xunta de goberno do entre supramunicipal, tal e como figuraba no proxecto que entrou no Parlamento. Tamén defendeu aos concellos aspirantes das críticas dalgúns alcaldes do PP xa que "están no seu democrático dereito de querer sumarse", dixo.

Na reunión estiveron presentes: Juan González, alcalde de Nigrán; Eva García, de O Porriño; Emiliano Lage, de Fornelos de Montes; Francisco Ferreira, de Gondomar; Ángel Rodal, de Baiona; Andrés Iglesias, Pazos de Borbén; Javier Bas, Redondela; Leticia Santos, Moaña; Xosé Manuel Pazos, Cangas; Marcos Besada, Salceda de Caselas; Sandra González, Tomiño; Enrique Cabaleiro, Tui; Antonio Lomba, A Guarda; Xoán Carlos Montes, Mondariz; José Luis Poceiro, Vilaboa; Arturo Grandal, Salvaterra de Miño; Agustín Reguera, Soutomaior e Alberto Méndez, Mos.
Descargar todas as imaxes