Escoitar

Curso de escritura creativa para adultos

A Concellaría de Normalización Lingüística propon un novo obradoiro de creación literaria "Aliteraclara". Obradoiro que se desenvolverá no Centro Municipal de Distrito do Casco Vello (rúa Oliva, 12) os vindeiros 9,12, 23 e 30 de novembro entre as 19.00 e 21.30 horas.

venres, 23 out 2015
1445589752escrita.jpg.jpg
O obradoiro será impartido pola escritora Clara do Roxo cos seguintes contidos:

1. Coñeceremos os elementos para dar formar ao texto
2. Utilizaremos pequenos textos de autoras e autores de estilos diferentes para facer unha lectura crítica sobre eles
3. Elaboraremos textos literarios propios en cada sesión
4. Aprenderemos a crear personaxes e situacións literarias
5. Faremos un exercicio de síntese, aprenderemos a desprendernos do que sobra no texto unha e outra vez ate atopar a verdadeira esencia da escrita


Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo, teléfono e DNI) ao correo electrónico claradoroxo@gmail.com

Máis información na web: snl.vigo.org e no facebook: Vigo en galego
Descargar todas as imaxes