O Pleno respalda adicar unha parcela anexa ao hospital a aparcamento público gratuíto<br />
A unanimidade da Corporación aprobou este luns modificar o uso da parcela xunto ao Hospital Álvaro Cunqueiro para que o goberno de Vigo habilite un estacionamento público e gratuíto. O Concello, que investirá medio millón de euros en crear algo máis de 500 prazas, procura así paliar o problema da carencia dun aparcamento libre no centro hospitalario, competencia da Xunta de Galicia, segundo denunciou a concelleira de Urbanismo, María José Caride.