O Pleno respalda adicar unha parcela anexa ao hospital a aparcamento público gratuíto<br />
A unanimidade da Corporación aprobou este luns modificar o uso da parcela xunto ao Hospital Álvaro Cunqueiro para que o goberno de Vigo habilite un estacionamento público e gratuíto. O Concello, que investirá medio millón de euros en crear algo máis de 500 prazas, procura así paliar o problema da carencia dun aparcamento libre no centro hospitalario, competencia da Xunta de Galicia, segundo denunciou a concelleira de Urbanismo, María José Caride.
Os edís dos tres grupos políticos con representación municipal votaron a favor da modificación do uso urbanístico da parcela próxima ao novo hospital Álvaro Cunqueiro para que o goberno de Vigo constrúa un estacionamento público e gratuíto para algo máis de 500 vehículos.
A concelleira de Urbanismo, María José Caride, recordou que ofertar prazas de aparcamento de balde no novo centro hospitalario é unha competencia autonómica que a Xunta de Galicia está a desatender e que non afecta unicamente aos vigueses e viguesas, senón a todos os usuarios e profesionais dos distintos municipios que conforman a área sanitaria de Vigo. O goberno de Vigo, abondou Caride, busca con esta medida dar solución ao problema da gratuidade do estacionamento, reclamada por alcaldes e alcaldesas de todas as cores políticas.
Tanto Marea de Vigo como o PP respaldaron a modificación do uso da parcela. O voceiro da primeira formación, Rubén Pérez, recordou que é a construción do aparcamento por parte do Concello é un gasto impropio ao ostentar a Xunta de Galicia a competencia e recordou que o seu grupo o solicitara cunha moción nun Pleno anterior, que foi rexeitada. Elena Muñoz, por parte do PP, denunciou que o goberno local ocultou a existencia destas parcelas e lamentou que este acordo non se tivera adoptado antes. Por último, a concelleira de Urbanismo recordou que o goberno de Vigo leva tres semanas agardando polo visto bo da Xunta de Galicia ao enlace entre o aparcamento que fará o Concello e o Hospital Álvaro Cunqueiro.
Outros acordos
Na sesión plenaria desta mañá tamén aprobouse a integración na estrutura do Concello, a partir de 2016, dos hoxe organismos autónomos do Instituto Municipal dos Deportes, VigoZoo e da Escola Municipal de Artes e Oficios, proposta que saíu adiante cos votos dos grupos socialista e popular e a abstención da Marea.
O goberno de Vigo recabou o apoio de todos os grupos políticos para nomear "Carlos Oroza Fernández (poeta)" á actual Primeira Travesía de Príncipe. A proposta, defendida pola tenente de alcalde, Carmela Silva, foi aprobada por unanimidade na votación, tras a cal o alcalde anunciou a organización dun acto homenaxe ao escritor vigués.