<br /> Todos os grupos reclaman medidas que eviten a espera na obtención de citas no novo hospital de Vigo
O Pleno municipal deu luz verde esta mañá por unanimidade a unha moción socialista que reclamaba medidas para evitar os tempos de espera na obtención dunha cita no hospital Álvaro Cunqueiro. Tamén se aprobou outra iniciativa -neste caso co voto en contra do PP- que insta a solucionar os problemas viarios e de seguridade no contorno deste centro hospitalario.
Todos os grupos políticos coincidiron esta mañá ao esixir á Xerencia da área sanitaria de Vigo a adopción das medidas precisas para evitar os tempos de espera na obtención dunha cita no hospital Álvaro Cunqueiro. Esta moción socialista foi aprobada por unanimidade, pero non ocorreu o mesmo coa iniciativa que presentou tamén o PSOE instando á Xunta á corrixir as deficiencias viarias e de seguridade nos accesos ao centro hospitalario. Nesta ocasión, a moción, que aprobada coa abstención do PP e os votos favorables de PSOE e Marea, solicita a garantía da gratuidade dos aparcadoiros.
Outra das iniciativas socialistas que esta mañá foron aprobadas no Pleno instaba ao Goberno de España a derrogación do RDL 16/2012. Cos votos a favor de PSOE e Marea e a oposición do PP, o Pleno acordou solicitar a substitución da normativa por outra lei que recoñeza a cobertura sanitaria universal como dereito constitucional en igualdade de condicións para todas as persoas.
Os votos socialistas aprobaron instar á Xunta á incorporación nos orzamentos de 2016 de partidas económicas precisas para construír a Cidade da Xustiza. Coa abstención da Marea e o voto en contra do PP, Carlos López Font defendeu un texto que pretende que esta dotación xudicial entre en funcionamento no ano 2017.