Escoitar

O Concello contratará a 222 persoas co programa Vigoemprega, dotado con 1,5 millones

O programa municipal Vigoemprega permitirá un ano máis contratar 222 persoas durante seis meses que se seleccionarán entre os candidatos que envíe o Servizo Público de Emprego. En rolda de prensa, Caballero reiterou o seu compromiso co emprego tal e como demostran os orzamentos de 2016, que manteñen unha partida de emprego de 5 millóns de euros.

mércores, 28 out 2015
1446036975Alcaldeenrolda.JPG
O goberno local deu luz verde ás bases para a selección de persoas candidatas a beneficiarias do programa Vigoemprega 2015. Dotado con 1,5 millóns, permitirá contratar 222 persoas de diferentes profesións que van desde albañís, xardineiros, condutores, carpinteiros, pintores ou fontaneiros durante seis meses. En declaracións aos medios, Caballero lembrou que os candidatos serán enviados desde o Servicio de Emprego Público e cualificou este proxecto como "unha das patas" do plan municipal de emprego, que para 2016 mantén unha cuantía de 5 millóns de euros.

A Xunta de Goberno local tamén aprobou a concesión das subvencións da Concellería de Igualdade a entidades sen ánimo de lucro para programas e actividades de promoción da muller realizadas durante 2015. Trátase dun montante de 64.000 euros distribuídos entre 55 entidades beneficiarias. Por outra banda, o goberno local tamén autorizou á Concellería de Igualdade e ao Consello Municipal da Muller a organizar o evento EnlazaVigo 2015. Organizado con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero, a zona da farola de Urzáiz acollerá unha vez máis un tapiz humano formado por estudiantes de ensino secundario, así como unha exposición colectiva.

O alcalde tamén deu conta a adxudicación da contratación do servizo sanitario asistencial a persoas con problemas derivados do consumo de drogas (CEDRO), cun custo de preto de 1,4 millóns de euros. Desta cantidade, o Concello aporta maís de 900.000 euros e a Xunta apenas medio millón de euros, sendo a sanidade unha competencia exclusiva do goberno autonómico.

O goberno local tamén deu luz verde ao expediente de contratación urxente das obras do proxecto de humanización da rúa Marqués de Valterra, cun importe de 211.000 euros. Tamén se aprobou a clasificación de ofertas no procedemento aberto para a contratación da subministración en réxime de aluguer dos elementos decorativos navideños.
Descargar todas as imaxes