Abel Caballero demanda que a Lei da Administración Local considere as características particulares de cada concello
Na inauguración este mércores dun encontro no que interventores e secretarios de municipios de toda España analizan o custo efectivo dos servizos públicos das entidades locais, o alcalde manifestou que a inmensa maioría dos concellos españois queren a derrogación da lei e rexeitan que se aplique ese concepto o vindeiro ano, xa que se descoñece a fórmula para empregalo. Ademais, o rexedor sostén que o cálculo do custo efectivo debe ter en conta as características particulares de cada municipio.
Interventores e secretarios municipais de concellos de toda España reúnense hoxe en Vigo nunha xornada de análise baixo o título "O cálculo do custo efectivo nas empresas de servizos públicos municipais" na que abordan ese concepto que introduciu o Goberno de España na LARSAL, a Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local.
Na inauguración da xuntanza, Abel Caballero manifestou que "queremos que se derrogue a Lei porque así o di a inmensa maioría de Concellos de España, xa que esta idea foi avalada por 15.000 votos na asemblea da FEMP". Ademais, sinalou que a Xunta de Goberno da FEMP esixiu por unanimidade unha moratoria da Lei para que non entre en vigor en 2016 e, no nome dos 8.122 alcaldes e alcaldesas de toda España, engadiu que "non compartimos que se vaia aplicar o custo efectivo sen que os concellos españois coñezan as normas, as regras e a forma na que se vai calcular".
Para o rexedor, estas son "decisións unilaterais tomadas polo Goberno de España que afectan seriamente aos municipios" polo que o cálculo do custo efectivo non pode reducirse a "un mero cálculo aritmético" xa que considera que "se deben ter en conta cada unha das características dos concellos" que é algo clave á hora de prestar servizo como é o caso, por exemplo, do transporte nun entorno rural ou nun urbano.
Descargar todas as imaxes