O presidente da FEMP defende a política local como lexitimación da política xeral
Abel Caballero referiuse ás cidades como espazo no que os cidadáns accederon e implantaron novos modelos de participación política. Na súa intervención nun almorzo informativo insistiu nunha reforma constitucional que recolla a autonomía local, as competencias muncipais e un novo modelo de financiación. Pediu a derogación da reforma local para evitar que o próximo 1 de xaneiro se produza un caos polo peche de servizos.
A acción política cidadá estase a canazalizar cada vez máis no ámbito das cidades, a través de mecanismos de participación completamente diferentes aos de hai 20 anos. É no municipio onde os cidadáns prantexan as súas demandas e, de feito, xa non hai nada significativo na política que non teña os seus vectores de condución na política local".
Así o manifestaou esta mañá o presidente da FEMP, Abel Caballero, durante unha intervención no almorzo informativo do Executive Fórum, organizado en Madrid, no que realizou unha encendida reivindicación do papel dos gobernos locais na "lexitimación da política" porque queremos ser capaces de dar respostas ás demandas que nos prantexan os cidadáns".
Sobre esta base, Abel Caballero puxo en valor as cidades como escenarios nos que os cidadáns formulan hoxe as súas aspiracións e propostas, non só as vencelladas coa vida diaria nun municipio, senón en ámbitos máis amplos da acción política. "A política municipal é a política total", dixo "e os gobernos locais nos involucramos en todo o que ten que ver na cidade, incluso nos involucramos nas cousas que acontecen noutros lugares do país ou do ámbito europeo". Engadiu que "é esta transversalidade da política local" a que a fai perfectamente axeitada estes momentos. "E a política xeral ten que percibilo e incorporalo ao debate político xeral", manifestou.
O presidente da FEMP criticou a "brutal campaña antimunicipalista" levada a cabo nos últimos anos, explicou Abel Caballero, "á que asistimos primeiro con incredulidade e despois con indignación", e que se plasmou na aprobación da Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local (LRSAL). O alcalde de Vigo reclamou de novo a súa derogación porque, se non é así, ou non hai un aprazamento da súa entrada en vigor -prevista para o 1 de xaneiro, "producirase un caos polo peche de servizos como escolas, albergues ou casas de acollida para mulleres maltratadas", entre outros.
Ante o custe efectivo, "cun cálculo non sabemos cómo se fai nin qué criterios se van utilizar", exhibiu as cifras do superávit municipal ("desde os concellos reduciuse o déficit en medio punto do PIB"), a diminución da débeda por riba dos obxectivos, e pago en prazo aos proveedores da Administración Local, datos que amosan que "as entidades locais xa son eficientes na súa xestión". Estes datos fan que perdan sentido os calificativos como malos xestores ou gastadores cos que "se demonizou aos concellos".
Abel Caballero insistiu no recoñecemento constitucional das competencias municipais e pediu unha modificación da Carta Magna que recoñecese a autonomía local e a financiación dos municipios. Sobre esta cuestión, insistiu na participación local no proceso negociador da financiación autonómica, de xeito que a local no se acabe convertindo en "residual" dentro dese proceso.
Defendeu tamén que o futuro modelo de financiación local sexa totalmente novo e que contemple tamén a participación das entidades locales nos ingresos das comunidades autónomas.
No relativo á situación en Cataluña, manifestou que a actuación da FEMP produciríase sempre dentro do ámbito constitucional, e engadiu que "a Federación trazou un modelo de participación, porque CiU, representada pola Presidenta da Diputación de Barcelona, forma parte da súa Xunta de Goberno", recordando que este órgano adopta normalmente a súas decisións por consenso.
Descargar todas as imaxes