Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 5 nov 2015
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 6 DE NOVEMBRO DE 2015.


1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 22 de outubro de 2015.

DEPORTES
2 .- Proposta de autorización para a organización da "9ª carreira popular Vigo+11" o vindeiro 8 de novembro de 2015. Expte. 14482/333.

3.- Proposta de axuste de anualidades para o contrato de adquisición de 1600 entradas para presenciar os partidos que disputará o Real Club Celta de Vigo no Estadio de Balaídos durante a tempada 2015-2016. Expte. 14310/333.

EMPREGO
4.- Proxecto de convenio de colaboración co Centro de Formación Divino Maestro para a realización de prácticas profesionais non laborais de alumnos dos cursos AFD 2015. Expte. 12327/77

IGUALDADE
5.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Igualdade nos meses de agosto, setembro e outubro. Expte. 6887/224.

INTERVENCIÓN XERAL
6.- Xustificantes de libramentos.

RECURSOS HUMANOS
7.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas dun/dunha auxiliar de Admón. Xeral, baixo a modalidade prevista no artigo 10.1.d) da Lei 7/2007, de 12 de abril (EBEP), por un prazo máximo de seis meses, para o servizo de Comercio. Expte. 27199/220.

8.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas dun/dunha auxiliar de Admón. Xeral, baixo a modalidade prevista no artigo 10.1.d) da Lei 7/2007, de 12 de abril (EBEP), por un prazo máximo de seis meses, para o servizo de Estatística. Expte. 27205/220.

9.- Complemento de produtividade do persoal do Parque Móbil por conducir maquinaria pesada correspondente ao 3º trimestre de 2015. Expte. 27171/220.

10.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal dos distintos servizos correspondente aos meses de maio e setembro de 2015. Expte. 27159/220.

11.- Dar conta da resolución do concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal, de reasignación de efectivos e readscrición de praza e posto de técnico de xestión (Dna. Sonia Gómez Álvarez). Expte. 27198/220.

SERVIZOS XERAIS
12.- Aceptación do Plan de Xestión de residuos e aprobación do Plan de Seguridade e saúde da obra "Instalación para dosificación de reactivos na ETAP do Casal". Expte. 3121/443.

13.- Aceptación do Plan de Xestión de residuos e aprobación do Plan de Seguridade e saúde da obra "Reparación de noiro e construción de novo muro de soporte do camiño Portiño". Expte. 3123/443.

URBANISMO
14.- Solicitude de avaliación ambiental simplificada da modificación puntual núm. 2 do Plan Especial de Ordenación do Porto de Vigo no ámbito de aplicación da Ordenanza 13. Inadmisión a trámite. Expte. 15151/411.

15.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 6 de novembro de 2015, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 4 de novembro de 2015.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.