luns, 13 feb 2017
O alcalde avanzou esta mañá que o estadio de Balaídos xa está en condicións de seguridade para acoller o partido de fútbol Celta-Shaktar Donetsk o próximo xoves 16. Tal e como explicou, ademais de reparar os desperfectos, melloráronse as condicións de seguridade da cubrición.
martes, 7 feb 2017
O alcalde rubricou este martes o contrato de reforma integral da bancada de Río do estadio de Balaídos, toda vez que o Tribunal de Recursos Contractuais rexeitou o recurso que tiña suspendida a obra. Logo de Tribuna, o goberno de Vigo continúa con Río a remodelación integral do recinto.
venres, 3 feb 2017
O investimento do Concello neste vial, no treito comprendido entre Doutor Corbal e a Avenida da Mariña Española, totaliza 412.000 euros, explicou Abel Caballero. Ademais, o goberno de Vigo aprobou o convenio coa Asociación Protectora para a recollida e coidado de animais abandonados, por 96.000 euros anuais.
xoves, 26 xan 2017
Tras unha reunión co vicario xeral da diócese, o alcalde anunciou a ampliación das beirarrúas, melloras no estacionamento e máis verde, ademais da posibilidade de sumar o muro do acceso ao programa municipal de arte urbano. Caballero asegurou que a humanización da Vía Norte, na parte que afecta á igrexa, estará rematada a mediados de maio, para os actos de celebración do centenario do templo.
mércores, 25 xan 2017
Anunciouno este mércores o alcalde, nunha visita aos traballos de reforma da rúa. O Concello inviste preto dun millón de euros na humanización, na súa primeira fase, da coroa circular interior. Abel Caballero anunciou a instalación de paneis no vial e a creación dun espazo na web onde ampliar información sobre a zona e o propio Álvaro Cunqueiro.
martes, 24 xan 2017
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Fomento, David Regades, veñen de presentar o primeiro carril bici da cidade a colectivos ciclistas. O percorrido de dez quilómetros une Teis con Samil e presenta un orzamento estimado en 2,6 millóns de euros. "Neste mandato ten que ter un avance moi importante; se non total, moi importante", avanzou Caballero este martes.
luns, 16 xan 2017
Considera "gravísimos" os colapsos ocasionados polos sinistros que teñen obrigado ao Concello a cortar os accesos dende a cidade á autopista. Ademais, advirte que prohibirá o tránsito de camións pesados polo centro de Vigo se a Xunta e o Goberno seguen sen responder á petición de facilitar accesos á AP9 desde a avenida de Bos Aires.
xoves, 12 xan 2017
Caballero avanzou esta mañá que a humanización de Doutor Corbal ascenderá a 468.000 euros e terá un prazo aproximado de execución de seis meses. As obras -comprendidas entre Sanjurjo Badía e Camiño Maceiras-, incluirán unha placa en lembranza do médico que lle da nome á rúa.
martes, 10 xan 2017
Nunha visita á rúa, Abel Caballero anunciou que a segunda fase da remodelación chegará ata Urzáiz e se acometerá "de forma inmediata" á finalización da primeira. A humanización da Vía Norte comeza desde a Travesía de Vigo ata Escultor Gregorio Fernández e presenta un prazo de execución estimado en catro meses.
luns, 9 xan 2017
O Concello ten actualmente 17 actuacións en marcha por importe de 11,5 millóns de euros e xa inicia unha nova etapa con outras 12 melloras que totalizan 15,5 millóns de euros. A nova serie de accións comeza "de forma inmediata", explicou o alcalde de Vigo. <br />