Caballero proporá a Fomento a humanización de toda a Avenida de Madrid
Despois dunha reunión celebrada o pasado venres entre o goberno de Vigo e o Ministerio, o alcalde anunciou este luns que existe preacordo para reformar a Avenida de Madrid, pendente de definir o escenario final nunha reunión na que Abel Caballero solicitará a Ana Pastor a humanización de toda a vía, desde o Seminario ata a Praza de España. <br />
Tras o preacordo acadado na reunión do venres entre o edil de Fomento, David Regades, e responsables de Fomento en Galicia, este luns o alcalde anunciou que se acordou a humanización da Avenida de Madrid, nos seus tramos, forma e anteproxecto, incluíndo a ampliación das beirarrúas e unha mediana axardinada central que substitúa definitivamente ás reixas.
Explicou Caballero que nunha reunión bilateral, pendente de data, con Ana Pastor definirase o escenario definitivo dous dous que se barallan: un de seis e outro estimado en nove millóns de euros de investimento. O rexedor vigués avanzou que solicitará a humanización de toda a Avenida, do Seminario á Praza de España, e amosou a súa confianza en que se poida asinar o convenio "de forma inmediata".
O alcalde de Vigo celebrou o preacordo, valorouno como unha "moi boa nova" para a cidade, mais aseverou que "se un levanta o pe da presión, as cousas se difuminan".