Escoitar

Caballero chama á participación na Carreira da Cereixa, do Run Run Vigo, este domingo en Beade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu a representantes da organización, con Fina Barreiro, presidenta da Asociación de Veciños, e Jesús Bouzada, director do centro cultural, encabezándoa.<br />

luns, 16 mai 2016
1463403505beade.jpg
A quinta edición da Carreira da Cereixa dispútase este domingo 22 ás 10:30 horas con saída e meta no CSCR, o centro cultural de Beade, e paso por Ramiro Pascual e as estradas de Coutada, da Venda e do Porto.

Esta proba de 10.000 metros (dúas voltas a un circuíto de 5 quilómetros) é a primeira oportunidade que se inclúe no programa de carreiras populares Run Run Vigo que patrocina o Concello.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu a representantes da organización en Alcaldía, con Fina Barreiro, presidenta da Asociación de Veciños, e Jesús Bouzada, director do centro cultural, encabezándoa.

A organización mantén aberto o prazo de inscrición ata este mércores ás 20:00 horas no centro cultural (de forma presencial) ou no portal de internet de Championchip Norte.

A carreira de Beade, que entra na súa quinta edición, recupera a categoría sénior tras terse realizado en 2015 unicamente para categorías de formación. O rexedor felicitou ao CSCR Beade de atletismo polo seu traballo na parroquia e foi informado dos detalles desta proba, que logrou que o circuíto municipal de carreiras en ruta abrangue este ano un maior número de barrios e parroquias.

Ata a data tres foron os eventos pertencentes ao circuíto xa celebrados: Correndo por Vigo (Calvario), Happy Go Running (campus da Universidade) e a Vig-Bay (media maratón entre Vigo e Baiona), sumando xa 5.492 atletas que remataron as probas en asfalto. A de Beade é a cuarta das dez carreiras do Run Run Vigo 2016.

A organización previu tamén unha carreira para nenos e nenas nacidos de 2001 a 2006. Será ás 11:30 horas e cunha distancia de 4.200 metros.
Descargar todas as imaxes