venres, 20 maio 2016

O alcalde felicita aos responsables e aos traballadores de PSA Peugeot Citroën pola adxudicación do novo modelo

venres, 20 mai 2016

Caballero recibiu esta mañá ao responsable de PSA Peugeot Citroën Vigo, Yann Martin, cunha felicitación que fixo extensiva a todos os traballadores da factoría de Balaídos pola adxudicación dun novo modelo. Durante o encontro, Caballero reiteróulle a vontade do Concello de seguir cooperando para que a planta viguesa continúe máis dunha década traballando ao máximo da súa capacidade de produción e emprego.

O Concello aproba o proxecto para que o Auditorio Mar de Vigo acolla a UNED e unha sala de estudio de 450 prazas

venres, 20 mai 2016

Caballero deu conta esta mañá da aprobación do proxecto de obras que permitirá que o Auditorio Mar de Vigo acolla á UNED e unha sala de estudo nas prantas 4ª, 5ª e 6ª. Tal e como lembrou o rexedor, estes traballos de remodelación, máis a dotación de mobiliario, correrán a cargo da Deputación no que supón unha aportación final de 800.000 euros.