Escoitar

O Concello apoia a demanda dos Graduados Sociais de ter máis espazo na Cidade da Xustiza

Abel Caballero mantivo este venres un encontro cos representantes do Colexio Oficial de Graduados Sociais. O colectivo demanda máis espazo no futuro emprazamento da xustiza na torre do Xeral, petición da que o alcalde faise eco pois "se precisa moito máis" espazo para os graduados sociais na "Cidade da Xustiza do século XXI"

venres, 20 mai 2016
1463748044graduados.JPG
O rexedor vigués recoñeceu o traballo que realizan os graduados sociais e ofreceulles "cooperación" na divulgación do seu cometido. Caballero faise eco da demanda do Colexio de contar con máis espazo na futura sede xudicial na torre do Xeral, pois actualmente contan cun pequeno despacho nas dependencias da rúa Lalín e "se precisa moito máis" espazo para o colectivo na "Cidade da Xustiza do século XXI".
Descargar todas as imaxes