O alcalde felicita aos responsables e aos traballadores de PSA Peugeot Citroën pola adxudicación do novo modelo
Caballero recibiu esta mañá ao responsable de PSA Peugeot Citroën Vigo, Yann Martin, cunha felicitación que fixo extensiva a todos os traballadores da factoría de Balaídos pola adxudicación dun novo modelo. Durante o encontro, Caballero reiteróulle a vontade do Concello de seguir cooperando para que a planta viguesa continúe máis dunha década traballando ao máximo da súa capacidade de produción e emprego.
Abel Caballero cualificou de éxito colectivo a "magnífica" noticia de que a factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën será a encargada de producir un nuevo modelo o que garantirá carga de traballo para unha dédada. Durante un encontro co director da planta viguesa, Yann Martin, Caballero trasladoulle o seu entusiasmo porque esta adxudicación "gañouna a fábrica e gañáronna os traballadores" e reiteróulle a súa vontade de seguir cooperando como se ven facendo nos últimos anos. En declaracións aos medios, enfatizou as positivas consencuencias desta notica para todo Vigo, "unha cidade da económía, cunha xestión exemplar na factoría e no propio Concello". Esta decisión empresarial ratifica, na súa opinión, que Vigo vai sair reforzada da crise económica.
O alcalde de Vigo, segundo apuntou, tamén se referiu no encontro á obrigatoriedade de que Zona Franca constrúa un aparcamento gratuito para Citroën no estadio de Balaídos.
Descargar todas as imaxes
O alcalde de Vigo, segundo apuntou, tamén se referiu no encontro á obrigatoriedade de que Zona Franca constrúa un aparcamento gratuito para Citroën no estadio de Balaídos.