Escoitar

O goberno de Vigo garante "cooperación" para sumar a gastronomía ao Mercado de Berbés

Nunha reunión cos responsables da Asociación de Comerciantes do Berbés, Abel Caballero trasladou o visto bo ao proxecto de dotar ao Mercado do Berbés dun ámbito de degustación e espazos para a gastronomía. O rexedor asegurou colaboración para finalizar a remodelación e adaptar as superficies a este novo modelo de mercado.

venres, 20 mai 2016
1463747987berbes.JPG
O alcalde e os responsables da Asociación abordaron nunha reunión celebrada este venres o futuro do Mercado do Berbés e validaron o seu proxecto, que pasa por engadir a gastronomía á función tradicional da praza de abastos.

Segundo expuxo Caballero, preténdese darlle máis contido ao Mercado, cun ámbito de degustación e espazos para a gastronomía. Este novo modelo pretende atraer á cidade a tamén ao turismo. O alcalde garantiu "cooperación" para a finalización dos traballos de remodelación e a adaptación das superficies, e definiu a obra como "un novo paso na recuperación do Casco Vello".
Descargar todas as imaxes