Escoitar

O goberno de Vigo confía en asinar a próxima semana a súa entrada no transporte metropolitano

Segundo informou este luns Abel Caballero, o Concello xa recibiu o convenio de incorporación ao plan de transporte metropolitano, un texto co que "estamos de acordo" e inicia a tramitación previa á súa sinatura, que o alcalde estimou para a próxima semana. <br />

luns, 16 mai 2016
"Cremos que a próxima semana se pode asinar a incorporación de Vigo", apuntou Caballero sobre o plan de transporte metropolitano, toda vez que hoxe se recibiu o convenio no Concello e inicia xa a súa tramitación previa á firma.

O primeiro edil certificou que o convenio remitido incorpora a cláusula que permite a Vigo saírse deste plan no caso de que a Xunta non aprobe a reforma da Lei de Área Metropolitana neste mandato, cautela que "cremos que non vai ser necesario aplicar", asegurou Caballero. "Vigo sempre cumpre", sentenciou o alcalde, quen abondou en que "xa non hai ningunha desculpa" para non aprobar a Lei de Área Metropolitana de Vigo.