Escoitar

Presentación do libro "ELAS" de Aurora Marco e inauguración da exposición que o acompaña

A Concellería de Igualdade organiza ao acto de presentación do libro "Elas" da escritora Aurora Marco, acto que inaugurará a mostra que baixo o mesmo título estará exposta na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura desde o día 18 de maio ata o día 19 de xuño. O libro é unha compilación de biografías seleccionadas ad hoc, que permite ter unha visión do papel determinante que tiveron na sociedade do seu tempo as mulleres galegas.

luns, 16 mai 2016
1463130534cartelelas.JPG
Este acto terá lugar o mércores, 18 de maio ás 20:00h coa charla-coloquio " Romperon barreiras e ocuparon espazos, ELAS" a cargo da autora, Aurora Marco. O acto contará coa presenza da Concelleira de Igualdade Uxía Blanco e do editor Jose Manuel Calviño.

Ao remate da charla visitarase a exposición que acompaña a obra e que está composta por 38 cadros de 8 pintoras galegas: Chelo Rodríguez, Ehlaba Carballo, Irene Silva Xiráldez, María Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro.

Estas pinturas forman parte dos contidos do libro, reproducidas e impresas en cuadricromía. Con estas obras as pinturas nos dan a súa visión, a través da plástica, da vida e obra das mulleres galegas.

Esta mostra poderase visitar ata o 19 de xuño nos seguintes horarios:
De luns a venres, de 18:00 a 21:00h
Sábados, de 12:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h
Domingos e festivos, de 12:00 a 14:00h

Entrada libre ata completar aforo.
Descargar todas as imaxes