O Concello dedica 224.000 euros ao programa de medianeiras que "suma patrimonio cultural na cidade"
A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación da execución do segundo programa de medianeiras que decorará 14 espazos da cidade e tamén deu o visto bo á segunda quenda do "Vigo Emprega 2016", que dedicará 752.000 euros á contratación de 113 traballadores, e ao plan de emprego de mozos dotado con 100.000 euros para que as empresas contraten á mocidade viguesa. Ademais o Concello aproba a contratación do servizo das piscinas municipais durante un ano.
A Xunta de Goberno Local deste venres aprobou o expediente de contratación, por procedemento aberto, da execución do segundo programa de medianeiras. Queda así aberta a licitación para a selección do contratista que serán quen subcontrate aos artistas responsables das obras. Segundo informou Abel Caballero, o orzamento do programa é de 224.000 euros e os artistas seleccionados traballarán en medianeiras e muros das avenidas Hispanidade e Atlántida, nas rúas II República, Torrecedeira, San Gregorio, Eduardo Cabello, Fátima, Fragoso, Florida e López Mora. Tamén haberá actuacións no Parque Navia, na Praza de España e nas escaleiras entre Marqués de Valterra e Torrecedeira así como na nave propiedade da Asociación de mariñeiros artesanais e deportivos San Miguel de Bouzas.
Para o rexedor, a segunda edición do programa de medianeira implica que "imos sumando patrimonio cultural na cidade nesta ruta de medianeiras e de obras de arte na rúa que nos parece un proceso extraordinario".
Plans de emprego
O alcalde deu conta tamén da aprobación, por parte da Xunta de Goberno Local, da convocatoria e as bases do programa Vigo Emprega 2016, na segunda quenda. Dedícanse 752.000 euros á contratación de 113 traballadores que desenvolverán tarefas de melloras nos colexios, construción de beirarrúas, limpeza de parroquias ou en parques e xardíns. Ademais, deuse o visto bo á convocatoria e bases reguladoras das axudas á contratación e mellora da xuventude viguesa 2016, "o plan de emprego de mozos", que outorga axudas ás empresas que contraten á mocidade viguesa cun orzamento de 100.000 euros.
Contratación do servizo de piscinas e listas das bolsas de inglés
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao expediente de contratación para a prestación dos servizos das piscinas cubertas de Travesas, Lavadores, Teis e Valadares e os ximnasios de Travesas e o Berbés. É unha contratación que o Concello saca a concurso por valor de 3 millóns e medio de euros e terá unha duración dun ano, dende o 1 de setembro de 2016 ao 1 de setembro de 2017. Segundo o rexedor, trátase "dun modelo de xestión de servizos públicos, con execución de obras de mellora e modernización".
Ademais, na sesión deste venres, o goberno municipal aprobou as listas definitivas das prazas de 2º de Bacharelato do programa "Vigo en Inglés" que corresponden á "xeración perdida", que quedaran sen outorgar. Segundo explicou Caballero, o Concello fixo unha estimación de solicitudes, ofertando 150 prazas, pero "quedamos curtos" porque quedaron 145 alumnos en lista de espera "que sacaremos o vindeiro ano". Neste ano 2016, serán 617 os alumnos vigueses que poderán mellorar o seu coñecemento da lingua inglesa grazas ao programa municipal.