xoves, 12 mai 2016
O rexedor amosou a súa "satisfacción" co inicio do voo Vigo-Lisboa durante a presentación desta nova ruta diante do tecido empresarial da cidade. Acompañado por responsables da compañía aérea portuguesa, explicou que esta incorporación chega nun momento no que a terminal viguesa experimenta taxas de crecemento dun 40%.
xoves, 12 mai 2016
O Concello, a través de FAIMEVI, desenvolve o Proxecto GreenPlay, financiado con 1,7 millóns pola Unión Europea e presentado hoxe xoves polo alcalde de Vigo. O aforro enerxético procúrase coa concienciación cidadá, mediante un xogo online. Está aberto o proceso de selección das setenta vivendas participantes, que contarán con sensores para monitorizar o consumo eléctrico a tempo real. <br />
xoves, 12 mai 2016
O alcalde selou un acordo este xoves coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade a través do cal a entidade asesorará en materia de accesibilidade ao goberno local e revisará os proxectos de obra nova e humanizacións "para que a accesibilidade sexa unha constante no desenvolvemento da cidade".
xoves, 12 mai 2016
Rosa Úbeda (Pontevedra, 1958) presenta na Fundación Laxeiro de Vigo a exposición individual titulada Anomia, un proxecto no que a través dunha selección de obras de diferentes épocas, a artista propón un percorrido da súa linguaxe pictórica. A exposición poderá visitarse do 13 de maio ó 10 de xullo.<br />