Escoitar

O Concello pide á Xunta que abra un aparcamento gratis nunha das súas parcelas no hospital

O alcalde anunciou que enviará a solicitude por carta ao presidente Feijóo para que poña en funcionamento "de forma inmediata" un aparcamento de balde nunha das dúas parcelas que a Xunta posúe na contorna do Hospital Álvaro Cunqueiro.

mércores, 11 mai 2016
O rexedor vigués anunciou este mércores que solicitará por escrito ao presidente Feijóo que "abra inmediatamente" o aparcamento de balde "que xa está construído e que está baleiro" nunha parcela valada á entrada do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Segundo explicou Caballero, a Xunta ten en propiedade dúas parcelas de 14.000 metros cadrados na contorna do centro hospitalario, nunha área coa cualificación urbanística de aparcamento. Unha delas, dixo, "non require obra como aparcamento polo que pode abrise mañá" e a outra precisa algúns traballos de adecuación. Por iso, reiterou, que "no nome da cidade abran esa parcela e comecen o acondicionamento da outra".